Os fogares mellor iluminados para o Nadal de Vilaboa empezan a recibir o seu premio
Por Redacción
O Concello de Vilaboa desvelará esta semana o nome dos finalistas do Concurso de Iluminación de Nadal convocado para todas as vivendas do municipio, pero este luns xa recibiron o seu recoñecemento os primeiros fogares que se prepararo para estas dasta cunha decoración especial, os de Figueirido.
Así, o alcalde de Vilaboa, César Poza, participou na entrega de premios do Concurso de Iluminación de Nadal organizado pola asociación de veciños de Figueirido, no que colaboraron a comunidade de montes desta parroquia e o Concello.
Despois de que o xurado visitara as vivendas inscritas neste concurso, que esta ano alcanzou a súa cuarta edición, resultaron gañadores Lupe Braña, Andrea Boullosa e José Juncal, que recibiron unha cesta con produtos de Nadal.
Esta iniciativa dos veciños de Figueirido foi ampliada este ano polo Concello a todo o término municipal, coa convocatoria dun concurso no que se inscribiron unha ducia de fogares. Os gañadores coñeceranse antes da Noiteboa.
Relacionadas:
-
Figueirido xa goza do Nadal cun castelo de luces
Por Redacción |
-
Abre o Mercadiño de Nadal dos artesáns de Vilaboa
Por Oskar Viéitez |
-
Os Chichisos animan a 'Cantar os Reis'
Por Redacción |
-
Escolares de Vilaboa recadan alimentos e diñeiro para os máis necesitados
Por Redacción |
-
Vilaboa convida aos seus artesáns a sumarse ao Mercadillo de Nadal
Por Redacción |
-
Decorar de Nadal a fachada da casa pode ter premio en Vilaboa
Por Redacción |