O concurso de escaparates de Nadal capta a 76 comercios de Pontevedra
Por Redacción
O xurado do Concurso de Escaparates de Nadal organizado pola Concellería de Promoción Económica e Turismo e a plataforma #PonteLovers terá que valorar as propostas de 76 negocios e establecementos comerciais da cidade. Un elevado número de inscricións que pon de manifesto o éxito da iniciativa
O xurado está composto por un grupo de 22 estudantes do módulo de Escaparatismo do Ciclo Superior de Xestión de Vendas e Espazos Comerciais e outro de catro estudantes do Ciclo Superior de Comercialización de Produtos Alimentarios do IES Luis Seoane de Monte Porreiro, capitaneados pola profesora Iria Morgade. Tamén terán voto Carmen Hermo, artista e docente da Universidade de Vigo; o escritor Manel Loureiro, a escaparatista e deseñadora de interiores Hilenia Iglesias Calvete, e a técnica de Distrito Forestal, Luz Gömez.
O xurado valorará cunha puntuación do 0 a 10 aspectos como a integración dos produtos á venda, a composición do escaparate e a súa adaptación á temática de Nadal, a harmonía das gamas cromáticas, a interacción co público, ou a invisibilidade dos elementos auxiliares precisos para a súa construción.
O Concurso de Escaparates de Nadal contempla premios 1.500, 1.000 e 500 euros para os tres primeiros clasificados e o sorteo de vales de 50 euros entre os cidadáns que elixan os seus decorados favoritos votando nas redes sociais.
Por outro lado, ao espazo gastronómico do Mercado regresará a partir do 22 de decembro e ata o 7 de xaneiro o Ganapán de Nadal cunha programación "antiaburrimento" que sumerxerá de cheo á cativada no espíritu navideño.
Este programa de lecer infantil está destinado a nenos e nenas de catro a dez anos e inclúe talleres de elaboración de turrón caseiro, mazapán de amendoa, polvoróns e mini roscos de Reis, así como obradoiros de confección de barbas e gorros de Papá Noël, calcetíns sostibles para Noiteboa, postais 3D, elfos personalizados e agasallos de Reis.
A programación do Ganapán do Nadal celebrará actividades tódos os días, en dúas quendas en horario de mañá: ás 11 e ás 12:30 horas.
Relacionadas:
-
O premio para o escaparate máis bonito do Nadal pontevedrés é para... restaurante Casa Verdún
Por Redacción |
-
Será o teu o 'selfie' máis famoso do Nadal pontevedrés?
Por Redacción |
-
Coas vacacións escolares, chegan concertos e espectáculos para o Nadal dos máis pequenos
Por Redacción |
-
O Apalpador chegará aos concellos da provincia desde este luns
Por Redacción |
-
Alumnado do IES Luis Seoane exercerá de xurado no Concurso de Escaparates de Nadal
Por Redacción |
-
Decorar os escaparates de Nadal terá premios de ata 1.500 euros en Pontevedra
Por Redacción |