Localizan un 'grafiteiro' de Vigo que pintaba de madrugada en fachadas da rúa Marquesa
Por Redacción
Axentes da Policía Local de Pontevedra identificaron na madrugada do pasado sábado un mozo de 21 anos que, segundo relatou unha testemuña, estivo facendo pintadas en fachada da rúa Marquesa.
A testemuña observou que dous mozos estaban a realizar pintadas nas fachadas da rúa Marquesa con botes de spray e facilitou unha descrición dos dous 'grafiteiros', pero finalmente, tan só foi localizado un deles, veciño de Vigo.
Segundo informou a Policía Local, todo sucedeu sobre as cinco da madrugada, coincidindo nun monento no que había moita xente saíndo dun local da rúa Riestra. Entre todas as persoas alí presentes, os axentes localizaron un mozo que coincidía coa descrición facilitada pola testemuña.
Esta persoa negou ser o autor das pintadas aínda que, nun cacheo superficial, os axentes intervéñenlle un rotulador negro escondido no pantalón por dentro do calcetín.