Acometen obras de emerxencia no colexio de Barcelos
![Oskar](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/b40/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/573b7bbf54-perfil.jpg)
Por Oskar Viéitez
O Concello de Pontevedra aprobou este luns en Xunta de Goberno acometer obras de emerxencia no colexio Praza de Barcelos.
Segundo explicou en rolda de prensa a portavoz do goberno local, Anabel Gulías, un informe da Oficina Técnica de Arquitectura e Planeamento detectou que as fachadas do edificio do colexio teñen varias pezas que están en mal estado polas que se están a verter augas.
Os traballos consistirán na substitución e o arranxo de todos estes elementos afectados.
A empresa GPD será a encargada desta obra orzada en 18.258 euros.
A idea é acometer estes traballos durante as vacacións de Nadal aproveitando que o colexio non ten actividade escolar.