Comprar en Nadal en Ponte Caldelas terá premio
Por Redacción
A Asociación de Comerciantes Coempo de Ponte Caldelas repartirá este Nadal 7.000 euros en premios.
Os comerciantes da vila entregarán aos seus clientes ata 20.000 rifas para un sorteo que se celebrará o día 7 de xaneiro.
Os premios serán un televisor de 55 polgadas, un computador, seis tablets, 10 lotes de ibéricos, dúas cafeteiras, 10 smartwatches, unha PlayStation 5, unha motoserra Stihl, un robot aspirador e dous vales de fin de semana para o Hotel Louxo.
A iniciativa de Coempo foi presentada este xoves co apoio do alcalde de Ponte Caldelas, Andrés Díaz, quen confirmou que desde o goberno local seguirase axudando á asociación "porque a aposta deste Concello polo comercio local é total e está garantida", defendeu o rexedor.