O Twizy, principal reclamo de Pomóvil
Por Redacción
O Renault Twizy preséntase como principal reclamo de Pomóvil, o Salón do Automóbil de Pontevedra, que o venres, ás catro da tarde, abrirá as súas portas ao público.
Esta modalidade de Coche Novo, que se celebrará os días 2, 3 e 4 de novembro, ha ter unha extraordinaria acolleita por parte dos concesionarios, que tamén conseguiron en tempo record, acudir a Pomovil cos últimos modelos que sacaron ao mercado.
Gestoso permitiranos coñecer en directo as prestaciones e vantaxes do coche eléctrico de Renault, o Twizy, un biplaza "confortable, eléctrico, enérxico e divertido. O coche do futuro na cidade, pola súa economía, polas súas dimensións, que che permite aparcar rápidamente".
Gestoso tamén traerá a Pomovil a última versión do Clio, o Clio IV
Este mesmo concesionario pontevedrés traerá a Pomovil a última versión do Clio, o Clio IV, un coche moi do gusto da xente nova; e o Dacia Lodgy, un monovolumen da marca máis fiable segundo unha enquisa realizada pola OCU entre máis de 29.000 condutores.
Ademais anuncian extraordinarias ofertas, sobre todo para as operacións que se formalicen durante o certamen, porque queren aproveitar as axudas económicas do Plan Pive, que aprobou o Goberno Central para renovar o parque móbil español; e ademais van manter un IVA por baixo do que entrou en vigor o pasado mes de setembro.
O Renault Twizy foi de novo o vehículo eléctrico máis vendido no mes de setembro en España. Outro Renault, o Kangoo ZE, foi líder tamén entre as furgonetas comerciais eléctricas.
Anuncian extraordinarias ofertas, sobre todo para as operacións que se formalicen durante o certamen
Con estes datos e a falta de pechar os resultados de outubro, Renault leva xa vendidos 7.893 Twizy en Europa en seis meses de comercialización e suma tamén 4.251 unidades do Kangoo ZE.
Un vehículo para a policía local
O vehículo é tan versátil e competitivo que o Concello de Ávila elixiuno para as patrullas da Policía Local. O Twizy iniciou durante a pasada ponte do Pilar un periodo de probas cos axentes municipais con vistas a que este vehículo eléctrico de Renault poida incorporarse no futuro á flota da Policía.
Non serán os primeiros pois a Brigada de Bombeiros de Paris, a capital de Francia, xa se surtiu do Twizy para o seu uso en situacións de urxencias.
Este vehículo eléctrico que se fabrica na factoría de Carrocerías de Valladolid, ten un custo que oscila entre os 4.500 e os 9.000 euros.
A entrada ao Salón do Coche Novo é gratuita, e as portas do recinto ferial estarán abertas, pola mañá desde as 10.30 ata as 14 horas; e pola tarde desde 16.30 ata as 21 horas.
Relacionadas:
-
Pomóvil abre as súas portas
Por Redacción |
-
Pomóvil abre as súas portas
Por Redacción |
-
A presentación mundial do Volkswagen Golf 7, principal atractivo da XV edición de Pomóvil
Por Alejandro Espiño |
-
A Cámara adxudica a dúas empresas pontevedresas a organización de Pomóvil e Ferpalia
Por Redacción |
-
Ferpalia e Pomóvil sortean a crise e manteranse no calendario feiral de Pontevedra no 2012
Por Redacción |