Cambios temporais de tráfico en Portonovo polo inicio das obras na Praza Méndez Núñez
Por Redacción
O Concello de Sanxenxo pechará a partir do luns os accesos á Praza de Méndez Nuñez, en Portonovo, con motivo das obras de humanización que están a realizar. Concretamente, desde as 8:00 horas do día 22, limitarán os accesos desde a Avenida Victoria, Rúa da Mariña e Travesía de Santa Catalina. Estes traballos, que xa empezaron esta semana, se centarán na praza de case 500 metros cadrados de superficie xerada precisamente por estes tres viarios.
É por iso que os cambios temporais de tráfico impedirán o acceso directo desde a Rúa dá Mariña ao porto, e este deberá realizarse a través da Rúa Arturo Fontán. Limitadas a residentes e servizos, en cambio, estarán a Avenida Vitoria, con entrada e saída por Méndez Núñez, e o acceso ao porto, que non se poderá realizar tampouco pola Travesía de Santa Catalina.
Con estas obras o goberno municipal quere realizar unha praza agradable con bancos, árbores, varandas de aceiro inoxidable e un único mastro que iluminará a praza con catro luminarias.