O PP esixe a apertura "inmediata" ao tráfico de saída na ponte da Barca
Por Redacción
A discusión sobre o corte de tráfico na ponte da Barca chegará ao pleno municipal do próximo luns despois de que o grupo popular trasladase a súa intención de presentar unha moción para que esta medida sexa debatida na sesión que se celebrará no Teatro Principal.
Os populares esixen a "apertura inmediata" do carril de saída na ponte e acusan o alcalde de Pontevedra e o concelleiro César Mosquera de "complicar aínda máis a circulación vial na cidade".
O voceiro municipal do PP, Jacobo Moreira, asegura que ademais dos atoamentos que se produciron en Xeneral Martitegui, A Barca, Beiramar ou Domingos Fontán, os cambios viarios, que o Concello estuda sexan permanentes, están a prexudicar ao comercio das rúas Echegaray e Alfonso XIII.
Moreira asegura que os establecementos comerciais desta zona acusan un "esaxerado" descenso na afluencia de clientes ao "converterse en poucos días nunha vía practicamente morta".
Na moción que se presentará o grupo popular refírese tamén ao conflito institucional aberto coa Xunta de Galicia, ao seu xuízo "totalmente innecesario", despois de que a administración autonómica, titular da ponte da Barca, "en ningún momento autorizase o corte da ponte por parte do Concello".
Relacionadas:
-
Os comerciantes de Echegaray recollerán firmas para esixir a reapertura da Barca
Por Oskar Viéitez |
-
O alcalde de Poio rexeita o corte de tráfico na ponte da Barca imposto "unilateralmente" por Pontevedra
Por Oskar Viéitez |
-
Estudan que os cambios na circulación aplicados no contorno da Barca sexan definitivos
Por Alejandro Espiño |
-
Estrea sen grandes complicacións no corte de tráfico da Barca
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot | Creada e actualizada
-
Mosquera acusa á Xunta de buscar intencionadamente un maior atasco na Ponte da Barca
Por Alejandro Espiño |