Corte de tráfico na rúa Peregrina durante boa parte do domingo
Por Redacción
A desmontaxe dun guindastre de grandes dimensións obrigará a cortar ao tráfico a rúa peregrina durante boa parte deste domingo 27 de outubro.
A rúa pecharase dende as 8:00 horas e ata as 19:00 á altura do antigo sanatorio Santa Rita.
A Policía Local de Pontevedra informa que se desviará a circulación por Joaquín Costa, permitíendose soamente o acceso a garaxes e servizos.