A Deputación destina 350.000 euros a 46 conservatorios e escolas de música da provincia
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
A Deputación de Pontevedra aprobou este venres, na súa xunta de goberno, a concesión das axudas para Conservatorios e Escolas de Música, públicas e dependentes de asociacións sen ánimo de lucro, que suporán unha cuantía de 350.000 euros.
Para Conservatorios non dependentes da Consellería de Educación, a Deputación destina 150.000 euros dos que se benefician 10 entidades; 24 Escolas de Música públicas se benefician doutros 150.000; e finalmente, 12 Escolas de Música dependentes de asociacións ou entidades sen ánimo de lucro, a cuantía ascende a 50.000 euros.
Rafael Louzán, fixo fincapé na aposta que o organismo provincial está a facer pola música, apoiando eventos coma este, co mantemento das escolas de gaitas e percusión da Deputación ou coa subvención ás escolas e conservatorios de música da provincia.
"Somos a provincia con máis bandas de música de España, despois de Valencia"
Ademais, o presidente da Deputación destacou que xa se mantiveron xuntanzas cos concellos que teñen conservatorios, e que cada un deles posúen uns prezos diferentes, ou un déficit económico importante. Por este motivo, a colaboración do organismo provincial é moi importante e de feito, multiplica por catro as axudas da Xunta.
"Somos a provincia con máis bandas de música de España, despois de Valencia", asegurou Ana Isabel Vázquez, para recalcar que esta é unha provincia que ama a música e na que hai unha enorme demanda de formación e apoio a este arte, á que está respondendo a Deputación.