Detido un mozo que escapou do hospital e agrediu un policía na Illa
Por Redacción
A Policía Local da Illa de Arousa detivo este martes 26 de outubro a un mozo da localidade de 29 anos que, tras escaparse do Hospital do Salnés, deu unha puñada na cara a un axente municipal.
A orixe do incidente sitúase á primeira hora da mañá. O 112 Galicia pediu colaboración á Policía Local para axudar no traslado dun paciente con problemas psiquiátricos á ambulancia do 061 e derivalo ao Hospital do Salnés. Xa naquel momento pediuse presenza policial porque se viu necesario garantir a seguridade do persoal sanitario e do propio paciente.
Pola mañá, o mozo quedou ingresado, pero horas máis tarde escapouse das instalacións sanitarias e sobre as tres da tarde vírono na Illa.
En resposta a unha nova chamada do 112, a Policía Local localizoulle fumando nun banco na zona do Monte. Un axente achegouse a dialogar con el novo para que accedese a subir novamente á ambulancia, pero nese momento produciuse a agresión.
O mozo tivo que ser reducido polos axentes e acabou detido como presunto autor dun delito de atentado a axente da autoridade en concurso con outro de lesións.
A continuación, foi trasladado de novo ao hospital.