Ferido un operario ao quedarlle a cabeza atrapada nunha máquina no polígono de Bueu
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
Ás 8:30 horas, un traballador dunha fábrica situada nas parcelas 1-2 do polígono de Castiñeiras en Bueu tivo que ser liberado tras quedarlle a cabeza atrapada nunha máquina. Segundo relataban dende o Servizo de Emerxencias do 112, o home foi liberado grazas á axuda dos seus compañeiros cando xa se dirixían ata a zona os Bombeiros do Morrazo cuxa intervención finalmente non foi necesaria.
O traballador encontrábase consciente e sufría feridas leves. Foi trasladado ata o Hospital Povisa de Vigo para realizarlle unha revisión detallada.
Ata o lugar trasladáronse axentes da Garda Civil.