O IES de Poio, entre os mellores proxectos europeos de colaboración escolar polo seu programa 'Cinetura'
Por Redacción
Novo recoñecemento ás actividades de colaboración escolar do IES de Poio con outros centros europeos. O centro foi un dos tres finalistas dos premios de Innovación Educativa SIMO Network 2013, dentro do programa eTwinning. Foino polo proxecto "Cinetura, do cine á literatura", desenvolvido durante o curso 2012-2013 polo departamento de Latín e Grego do instituto.
Cinetura é un proxecto no que alumnos do IES de Poio, baixo a coordinación da docente Carmen Fernández, traballan en colaboración con alumnos eslovacos e italianos que estudan español nos seus respectivos centros a partir de obras literarias que foron levadas ao cine. Nel participan alumnos de Bacherelato. Ademais de investigar sobre as obras e as películas, convértense en escritores para recrear textos e traballan para filmar novas escenas.
O proxecto foi un traballo de colaboración entre tres países europeos, no seo da plataforma eTwinning, que facilita os programas de colaboración escolar en Europa. Nel, ademais do IES de Poio, participaron o Gymnázium Hansa Selyeho de Komárno (Eslovaquia) e o Liceo Statale Niccolo Machiavelli de Roma.
A concejala de Educación, Alicia Martínez, e o alcalde de Poio, Luciano Sobral, achegáronse este martes a dar a noraboa aos alumnos e ao profesorado do centro por este novo recoñecemento, que se suma ao que lograron fai dous anos por un proxecto sobre lingua española en colaboración cun centro eslovaco.