Detidos dous mozos tras asaltar unha rapaza e roubarlle unha cadea de ouro
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
Dous individuos, veciños de Pontevedra, de 27 e 22 anos de idade, un deles con antecedentes policiais, foron detidos pola Policía Nacional como presuntos autores dun delito de roubo con violencia. Os feitos sucederon sobre as 20:30 horas do día 10 de outubro.
Segundo consta na denuncia presentada na Comisaría de Pontevedra, unha moza que camiñaba polas inmediacións da avenida de Vigo foi asaltada por dous mozos que se apearon dun vehículo que tras propinarlle un golpe lle arrancaron unha cadea de ouro que levaba colgada ao colo.
Tras presentar denuncia dos feitos iniciáronse os labores de investigación para tratar de descubrir a identidade dos dous autores do roubo con violencia.
Os axentes localizaron os dous individuos o día 21 de outubro sobre as 09.45 horas da mañá procedendo á súa identificación e detención por un delito de roubo con intimidación.
Unha vez tramitado o correspondente atestado policial, os detidos foron postos a disposición do Xulgado de Garda de Pontevedra.