O Lago de Castiñeiras, repoboado con cen novas troitas criadas en Cerdedo-Cotobade
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
Cen novas troitas repoboan a fauna do Lago Castiñeiras. Trátase de exemplares que foron criados na piscifactoría do Centro de Recuperación de Fauna Silvestre de Cerdedo-Cotobade e forman parte da fauna autóctona do lago.
As novas troitas son de tipo salmo trutta e teñen máis de 2 anos de vida e un tamaño de entre 16 e 22 centímetros.
O concelleiro de Marín Pablo Novas acompañou recentemente aos técnicos do centro para botar ao lago 100 exemplares de troita.
O Concello de Marín lembra que o Lago Castiñeiras é un dos espazos naturais máis ricos da contorna e aproveitalo e coidalo é unha das prioridades do Goberno local.