Convocada unha protesta veciñal en Monte Porreiro contra o proxecto de peonalización do barrio
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
A Asociación de Veciños O Mirador de Monte Porreiro solicitou permiso á Subdelegación do Goberno para realizar unha concentración de protesta o vindeiro venres 24 de setembro.
O motivo é o "rexeitamento ante o proxecto de peonalización da rúa Alemaña que pretende levar a cabo o grupo de goberno do Concello de Pontevedra", razoa no seu escrito o colectivo veciñal.
A protesta terá lugar na rotonda situada entre o Puente das Palabras e as rúas Grecia e Francia do barrio pontevedrés, a partir das 20.00 horas.
O Mirador sinala na súa solicitude que se establecerán medidas de prevención contra a covid durante a concentración, esixindo aos asistentes o uso de máscara e que se manteña unha prudencial distancia social.