Elixe o río Gafos para realizar o seu proxecto de fin de carreira
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
A asociación Vaipolorío presentou este venres un novo estudo sobre o estado do río Gafos, aproveitando o proxecto de final de carreira dun estudante de Enxeñaría Superior de Minas en especialidade ambiental e mineira, Antón Vidal.
Trátase dun estudo edafolóxico, é dicir, sobre a salinidade, minerais e sedimentos que se encontran no leito do Gafos no tramo comprendido entre A Boullosa e O Marco "porque a partir de aí xa vai canalizado", segundo comentou Vidal.
Este estudante realizou 10 análises das que destaca a súa similitude: "acidez, salinidade, deu todo como tiña que dar".
O proxecto únese aos estudos xa realizados sobre a toponimia, o estado hidrolóxico ou as catalogacións botánica, micolóxica, ornitolóxica e entomolóxica.
EFECTO DAS OBRAS DO AVE
Nesta presentación o presidente de Vaipolorío, Gonzalo Sancho, asegurou que as obras da alta velocidade se notan no leito do río, tras constatar un incremento de áridos en diversas zonas do seu leito: "houbo moita excavación, veñen as chuvias, houbo enchentes, os áridos se arrastran e acaban no sitio máis baixo que é o río. En certas zonas noitamos un incremento no leito, pasarán anos mentres o río coa súa dinámica habitual leve todo ao seu sitio".