Unhas obras de Naturgy deixarán dúas horas sen luz a Combarro na madrugada do venres
Por Redacción
Operarios da empresa Naturgy procederán este venres 17 de setembro a levar a cabo unha serie de traballos de mantemento na rede de subministro eléctrico na parroquia de Combarro.
A alcaldesa en funcións, Chelo Besada, informa de que os labores, encamiñados a mellorar o servizo, poderían provocar posibles interrupcións de subministro entre as 5.30 e as 7.00 horas, durante a realización dos mesmos.
Esta actuación afectará á contorna do Casco Histórico, así como ás proximidades da Praza da Chousa e da Baixada á Chousa. Entre os lugares afectados figuran a Praza de San Roque, Avenida da Cruz, Campo, Veigas, Camiño do Canceleiro, Cega, Cruz, Fonte, Laxe, Mar, Padrón, Pedaporta, Praza Fontes, Praza Peirao da Rúa, Praza Rualeira, Rambla e Rúa San Roque.