Restricións de tráfico na mañá do domingo polo Medio Maratón
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
A Policía Local de Pontevedra preparou un dispositivo especial con motivo da celebración o próximo domingo, día 20 de outubro, do XVIII Medio Maratón organizado pola Sociedad Gimnástica.
A proba desenvolverase nun circuíto que se interna no centro da cidade e no que se restrinxirá por completo a circulación de vehículos.
Os cortes de tráfico comezarán unha hora antes da saída, ás 10:00 da mañá, e prolongaranse ata aproximadamente as 13:30 horas.
O percorrido do Medio Maratón é o seguinte: Xosé Malvar (salida), Bos Aires, Ponte dos Tirantes, Alexandre Bóveda, Celso Emilio Ferreiro, Avenida de Compostela, Enxeñeiro Rafael Areses, Ponte dos Tirantes, Bos Aires, Uruguai, Galera, Arcebispo Malvar, Condesa Pardo Bazán, Praza Concepción Arenal, Xeneral Martitegui, Maestranza, Alameda, Raíña Victoria, Augusto García Sánchez, Xeneral Rubin, Paseo Rio dos Gafos, Iglesias Vilarelle, San Pedro Alcándara, Peregrina, Praza Peregrina, Porta Trabancas, Sopostais Ferrería, Praza Curros Enriquez, Rúa Real, Valentín García Escudero, Bos Aires, Padre Gaite, Padre Fernando Olmedo e meta no Centro Galego de Tecnificación.
Segundo a información que traslada a Policía Local, pecharanse totalmente ao tráfico as pontes de Santiago, Tirantes e O Burgo, sendo a saída recomendada da cidade pola zona norte a través da Barca ou a autoestrada.
Por outro lado, aínda que se permite estacionar no percorrido, non se poderán mover os vehículos ata a finalización da proba, afectando estas restricións tamén aos veciños de Monte Porreiro, que deberán saír da urbanización pola Rúa da Pomba, mentres os veciños entre Arcebispo Malvar e a Rúa Real poderán saír a través de por Michelena, Gutiérrez Mellado e Augusto González Besada, aínda que non se lles permitiráa a entrada ata que finalice a carreira.
No dispositivo de seguridade participan, ademais de efectivos da Policía Local, 60 voluntarios que colaborarán coa organización do Medio Maratón.