A UNED amplía o prazo de matrícula ata o 8 de novembro
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
A Universidade Nacional de Educación a Distancia (UNED) amplía o prazo de matrícula para Graos, Diplomaturas, Licenciaturas e Enxeñarías ata o venres 8 de novembro. Polo tanto, os alumnos interesados poderán ao longo das tres próximas semanas formalizar a matrícula a través de Internet ou achegándose ás instalacións do centro situado na urbanización de Monte Porreiro. Tamén se poden poñer en contacto co centro a través do teléfono 986.851.850
Os estudos de Acceso á Universidade para maiores de 25 e 45 anos mantéñense inalterables e estarán abertos ata o 28 de outubro.
Todos os interesados en estudar calquera das nove linguas que imparte o Centro de Idiomas a Distancia en Pontevedra poderán inscribirse ata o 4 de novembro.