Un total de 191.852 persoas participaron na Ruta do Viño Rías Baixas en agosto
Por Redacción
O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, acompañado do presidente da Ruta do Viño Rías Baixas, Juan Gil de Araujo, realizou este xoves un balance da iniciativa "Rutas do Viño" que ten como obxectivo potenciar o turismo enolóxico na provincia de Pontevedra.
"Na provincia de Pontevedra, o número de viaxeiros rexistrados no mes de agosto foi de persoas, un 8,2% máis que no mesmo mes do ano pasado. Tamén aumentaron as pernoctacións, un 7,6% ata chegar ás 565.038", engadiu o delegado territorial, quen recordou que a media de estadía dos turistas foi de case 3 días e a ocupación media en agosto aumentou un 4,81% máis que no mesmo mes do ano pasado.
En canto ao perfil do visitante,Gil de Araújo destacou que "sorprendeu moito, xa que pensábamos que serían persoas novas, procedentes de zonas de proximidade e, a verdade, é que é moi dispar: dende persoas maiores ata nenos e dende turistas españois ata estranxeiros, incluso de fora da Unión Europea ".
"O noso obxectivo é continuar a traballar para que os visitantes poidan coñecer tamén as adegas máis afastadas das rutas tradicionais e as zonas menos coñecidas xa que a demanda esta a ser moi importante ", continuou Gil de Araujo, "a repercusión tan positiva de Rutas do Viño anímanos a seguir a traballar nesta mesma senda".
VIÿAS ATLÁNTICAS
Por outra banda, o proxecto da Deputación de Pontevedra "Viñas Atlánticas", orientado a reducir o uso de fitosanitarios e a acadar unha mellor xestión das explotacións, pon ao servizo de todos os viticultores un servizo gratuíto e aberto de información para o control dos viñedos.
Os 450 profesionais que participaron no proxecto reduciron o uso de fitosanitarios entre un 15 e un 20%, co conseguinte aforro económico e de contaminación.