O Concello de Cerdedo-Cotobade retoma a actividade política con importantes obxectivos
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
O goberno municipal do Concello de Cerdedo-Cotobade retoma a actividade do novo curso político coa xestión do remate de investimentos por valor superior a 9,2 millóns de euros.
O alcalde Jorge Cubela afirmou que estes proxectos "suporán un antes e un despois na historia do municipio en infraestruturas socioculturais, atención sociosanitaria e da terceira idade e saneamento".
Un dos principais obxectivos do equipo de goberno é a posta en funcionamento da estación depuradora de Tenorio que conta cun investimento de 1.800.000 euros e que dará resposta á demanda en manteria de saneamento a esta parroquia que está en pleno proceso de crecemento poboacional.
Outras prioridades do goberno que lidera Jorge Cubela son o Centro Sociocultural de Tenorio, o Centro Turístico e Cultural Antonio Fraguas de Carballedo, vivendas sociais en Cerdedo e Carballedo, as residencias de Cerdedo e Carballedo, o ximnasio de Cerdedo e a legalización das augas dos Baños do San Xusto.