Continúa a campaña de "Volta ao Cole" nos establecementos da Zona Monumental
Por Redacción
Continúa a campaña de "Volta ao Cole" que leva a cabo a Asociación Centro Comercial Urbano Zona Monumental.
Desde o 1 ao 15 de setembro, a campaña premia a fidelidade dos clientes, transmitíndolle aos consumidores unha atractiva promoción que incentiva a realización das compras nos establecementos asociados ofrecendo a posibilidade de conseguir importantes premios.
Por cada compra os clientes recibirán unhas papeletas para entrar no sorteo de dez IPAD de 32 gigas e con pantalla de 10,2 polgadas. Só é válido un premio por persoa.
O sorteo realizarase o día 17 de setembro ás 13 horas na sede da asociación na rúa Sierra.
Para esta campaña o CCU Zona Monumental conta coa colaboración da Xunta de Galicia e de Supermercados Froiz.
Relacionadas:
-
Estudantes de Dirección e Xestión Pública propoñen unha "auditoría social" para reforzar a Zona Monumental
Por Redacción |
-
Desvelados os gañadores da campaña 'A volta ao cole ten premio na Zona Monumental'
Por Redacción |
-
Preparar a volta ao cole no comercio pontevedrés volve ter premio
Por Redacción |