Xa está aberta a inscrición para oito novas actividades de Espírito Montuno
Por Redacción
Até oito actividades serán desenvoltas este mes de setembro baixo o paraugas do Espírito Montuno, nos parques forestais de A Fracha, a Tomba e o Pontillón do Castro.
Xa está aberta a inscrición previa para todas estas actividades a través do formulario dixital correspondente. Como é habitual, as solicitudes serán atentidas en rigorosa orde de chegada.
As oito actividades están divididas en tres seccións ou áreas, baixo os epígrafes de actividades infantís, familiares e de adultos.
As infantís son un obradoiro de creación artística sobre arte e natureza, que se desenvolverá en A Fracha o sábado 11 e "Como é a auga?" no Pontillón do Castro, o sábado 18.
Son tres as actividades familiares, "Bicicleando" por A Fracha, o domingo 26 ás once da mañá. "A procura do tesouro" para xogar no Pontillón do Castro o domingo 12; e "Buscando o Norte", en A Tomba o sábado 11.
Por último, as actividades para adultos son unha xornada de observación de aves forestais en A Fracha, os sábados 11 e 18. E tamén, "Mar de estrelas", no Pontillón do Castro o venres 10.