42 concellos de Pontevedra ofrecerán charlas sobre como afrontar a enfermidade do Alzheimer
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/525ee3f09ba78-viewer00.jpg)
© Deputación de Pontevedra
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/525ee42e67b53-viewer01.jpg)
© Deputación de Pontevedra
A Deputación Provincial e o Colexio Oficial de Médicos inician este xoves 17 en Cuntis unha campaña informativa sobre a enfermidade de Alzheimer.
Esta proposta nace coa intención de ofrecer información especializada sobre cuestións relacionadas con esta demencia. Na rolda de prensa de presentación, o presidente provincial Rafael Louzán e o xefe de Neuroloxía do Complexo Hospitalario de Pontevedra, Manuel Seijo, destacaron a importancia que ten o tratamento precoz para a evolución da enfermidade. Actualmente, sinalou Seijo, na provincia padecen este problema ao redor de 15.000 persoas e, cada ano, detéctanse entre 700 e 800 novos casos.
As charlas que se impartirán en 42 concellos por neurólogos durarán unha hora e desenvolveranse ata finais dese ano.
O obxectivo é ofrecer información sobre os síntomas e sobre as dificultades ás que teñen que enfrontarse os familiares dos pacientes. Segundo sinalou Rafael Louzán, a Deputación colabora coas 4 asociacións de enfermos de Alzheimer da provincia.