![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjawUqrKz891Lsov0DGzMN_/_AxNjDQSU7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/525ebceaee7ad-004.jpg)
CC BY-NC-SA PontevedraViva
Os traballadores dos Xulgados votarán se, antes de finais de ano, van á folga
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
Os sindicatos xudiciais realizarán nas próximas semanas unha enquisa entre os traballadores dos Xulgados para coñecer que tipo de protesta se leva a cabo contra as medidas de recortes formuladas pola Xunta de Galicia e polo ministerio que dirixe Alberto Ruiz Gallardón na Administración de Xustiza.
Nesa enquisa preguntarase se queren realizar unha folga antes de que finalice o ano e que tipo de folga: temporal ou indefinida. Así o expuxeron os representantes dos sindicatos xudiciais nunha rolda de prensa que se desenvolveu nunha das salas de vistas da Audiencia Provincial.
Pablo Valeiras de Comisiones Obreras sinalou que os traballadores están a perder entre 850 e 2.500 euros anuais. Indicou ademais que a Xunta realiza unha política discriminatoria entre funcionarios. Segundo denunciou maxistrados e fiscais non sofren descontos económicos a partir dos 20 días de baixa mentres que ao resto de traballadores xudiciais se lles restan 500 euros.
Os representantes sindicais apuntaron ademais que na cidade de Pontevedra van perderse 6 postos de traballo segundo as previsións que se fan dende a Consellería de Xustiza.
Segundo estas fontes sindicais, en Pontevedra traballan 1.100 persoas na Administración de Xustiza e 2.500 en Galicia.
Os sindicatos dos traballadores da Administración de Xustiza rexeitan as medidas da Xunta de Galicia
Pablo Valerias. Representante sindical de CC.OO.
CC BY-NC-SA PontevedraViva