Baleiran de mobiliario unha praza para deixar sitio ás persoas
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
Dúas caixas de correos, un colector de baterías, tres bancos, dous espazos para plantas, un reloxo, un transformador eléctrico e colectores de lixo e todo ateigado nun espazo de só 40 metros catrados. Ocorre en Vilagarcía, na escasa superficie coa que conta a praciña de Beiramar situada fronte a rotonda de Carril.
A disposición de todos estes elementos obstaculizaba o paso dos peóns, polo que o Concello de Vilagarcía decidiu aliviar a praza de parte do mobiliario que se recolocou en zonas próximas.
Recolocáronse bancos, espazos para plantas e colectores nas inmediacións para unha mellor accesibilidade.
A actuación desenvolvida durante a xornada deste martes responde a unha petición trasladada ao departamento que dirixe a concelleira, Ana Granja, por parte da asociación de veciños de Carril.