![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjawUqrKz891Lsov0DGzMN_/_AxNjDQSU7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/525e51d7177e4-pontillonnovoben.jpg)
CC BY-NC-SA Asociación de Veciños de San Bartolomé de Xesta
Reclaman dous lombos para mellorar a seguridade vial en Xesta (A Lama)
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
A Asociación de Veciños de San Bartolomé de Xesta pediu á Deputación de Pontevedra a colocación de dous lombos para reducir a accidentalidade na estrada provincial que pasa polo centro desta parroquia do Concello da Lama.
Os veciños sitúan esta petición en resposta aos múltiples accidentes que acontecen ano tras ano nunha curva que consideran "demasiado pechada e con moi pouca visibilidade" e que está situada na estrada E.P. 0305 á altura do quilómetro 4, segundo explicou o presidente da asociación, Enrique Vaqueiro.
A solicitude enviada á Deputación está acompañada con 100 sinaturas de veciños da parroquia e pide a revisión da seguridade na curva en cuestión porque "os nenos durante todo o verán se moven entre a casa do pobo e o recinto da festa permanentemente e se non se toman medidas de seguridade vial, un día vai acontecer unha desgraza".
Vaqueiro engade que a última actuación da brigada de voluntarios da parroquia se situou na carballeira dos prados, onde se rehabilitou un antigo pontillón que se danara durante as riadas de hai dous anos e que permanecía incompleto no antigo camiño de Pigarzos de Xesta.