Corte na rúa Concepción Arenal de Marín para reparar unha tubaxe
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
Durante a xornada deste mércores 16 de outubro, o Concello de Marín anuncia que se vai proceder a realizar un corte da rúa Concepción Areal á altura do cruzamento entre esta rúa e Fonte do Oeste.
O motivo do corte débese á avaría que se rexistrou por unha rotura na rede xeral de abastecemento na rúa Concepción Arenal á altura do número 172. O tramo afectado conectaba a canalización de abdución procedente de Pontevedra co antigo bombeo de Cantoarena, situado na planta de soto da edificación municipal xusto no límite con Pontevedra.
A traza da canalización discorre paralela á estrada PO-546 e verase afectado o pavimento, polo menos, do carril dereito en dirección a Pontevedra. Pola zona na que se produciu a avaría será necesario o corte ao tráfico durante a actuación do citado carril.