O PSOE de Marín reclama axilidade nas axudas para os comercios máis afectados pola covid-19
Por Redacción
O Partido Socialista de Marín reclama "celeridade e sensibilidade" nas axudas aos comercios afectados pola crise do covid-19. Segundo os socialistas, o pasado 26 de abril solicitaron a creación dunha liña de axudas para a que xa conseguiron a súa aprobación pero "seguen sen chegar".
É por iso que piden á alcaldesa e ao concelleiro de facenda que impulsen estas axudas xa que é un "documento imprescindible para que os negocios poidan optar ás axudas"
Se de unhas axudas que irán para axencias de viaxe, ximnasios ou centros de lecer infantil, cuxa facturación sufriu descensos superiores ao 80% en moitos casos. "Xa lles tocou sufrir as consecuencias da pandemia e non é de recibo que agora deban padecer a parálise administrativa polo deixamento do equipo de goberno", conclúen.