A Festa do Mar comeza en Combarro co Armadiña Rock e o encontro de embarcacións tradicionais
Por Redacción
A vixésima edición da Festa do Mar comezou este venres cunha forte aposta pola tradición e a música. Nunha cita na que a pandemia obrigou a suprimir os actos gastronómicos, cobran especial protagonismo as actuacións musicais e a Concentración de Embarcacións Tradicionais, organizada polo Clube Mariño A Reiboa.
O concelleiro de Festexos, o nacionalista Xosé Luís Martínez, lembra que "esta é unha edición especial para os responsables deste encontro, ao cumprir 25 anos". Agárdase unha gran participación, se ben nesta ocasión estableceuse un cupo máximo de embarcacións participantes de integrantes de tripulacións, para garantir a seguridade.
O sábado será o día grande no que á navegación se refire, cunha saída libre ás 11 horas e a regata da Pamplina Remo ás 13.30 horas. Pola tarde, será a quenda da Pamplina Vella, mentres que ás 21.30 procederase á entrega de trofeos. Tanto este venres como o sábado haberá tamén varias actividades e concertos que forman parten do Festival Armadiña Rock.
O programa inclúe os concertos o vernes de Monoulious DOP (en formato acústico), The Tetas'Van e a Banda do Patio e o sábado 21 pecharan esta edición Dakidarria (Formato íntimo), Cuarta Xusta, Mekanika Rolling Band e as Pandeireteiras do Ronsel.
O domingo, ás 11 horas as embarcacións tradicionais despediranse de Combarro. Xa pola noite, a Praza da Chousa acollerá unha actuación a cargo da Orquestra Marbella, con entrada libre ata completar aforo.
Este ano, unha das grandes novidades da Festa do Mar é a súa extensión ata Raxó, onde haberá diferentes actividades enmarcadas na programación, entre o 26 e o 28 de agosto. Ás 22 horas do día 26 será o concerto de Efecto Pasillo nas inmediacións do Centro Cultural Xaime Illa. O titular de Festexos informa de que xa están dispoñibles as entradas na web woutick.es. LaOcaband tamén actuará en Raxó a vindeira fin de semana, que se completará con pasarrúas, espectáculos ‘clown’ e máis sorpresas.
Relacionadas:
-
Efecto Pasillo fai vibrar a Raxó dentro da Festa do Mar
Por Redacción |
-
A Festa do Mar trasládase de Combarro a Raxó para a súa recta final
Por Redacción |
-
54 denuncias administrativas e unha xudicial durante a celebración do Armadiña e a Festa do Mar
Por Redacción |
-
O Armadiña Rock máis íntimo despídese de Combarro, que segue de celebración coa Festa do Mar
Por Redacción |
-
Poio encara a última semana de agosto rozando o 90% de ocupación turística na primeira quincena
Por Redacción |
-
Últimas horas para presentar fotografías ao concurso sobre Campelo, as súas xentes e tradicións
Por Redacción |
-
A segunda quincena de agosto trae a Festa do Mar ás parroquias de Combarro e Raxó
Por Redacción |