A alcaldesa de Marín recibe ao novo Comandante Director da ENM
Por Redacción
Este martes 17 tivo lugar a primeira das visitas oficiais do Comandante Director da Escola Naval Militar de Marín, Pedro Cardona Suances, dende a súa toma de posesión do mando nos pasados días.
A Casa Consistorial de Marín foi o primeiro sitio ao que acudiu para mostrar a súa dispoñibilidade e colaboración ao Concello.
Nesta visita de cortesía foi recibido pola alcaldesa María Ramallo. Dende o consistorio marinense ofreceuse total colaboración, como vén sendo tradicional.
Deste xeito, a alcaldesa reafirmouse na intención de unir esforzos para tratar de seguir na liña marcada nos anos anteriores, de cooperación construtiva e unha aposta por abrir e estender esa achega a toda a vila.
A pesar de que o curso se inicia aínda coas restricións que require a situación sanitaria, o novo Comandante Director da Escola Naval Militar apelou á colaboración e o esforzo de todos porque discorra con normalidade.
Relacionadas:
-
Benvida da alcaldesa aos novos estudantes da Escola Naval Militar
Por Redacción |
-
Pontevedra dá a benvida ao novo director da Escola Naval
Por Redacción & Mónica Patxot |
-
Substitución no mando da Escola Naval de Marín coa transformación dixital como reto inminente
Por Redacción |
-
O comandante director da Escola Naval Militar despídese dos marinenses
Por Redacción |