Crecen en máis de 45% as visitas ás oficinas de turismo de Sanxenxo e Portonovo con respecto ao ano anterior
Por Redacción
As visitas ás oficinas de turismo situadas en Sanxenxo e Portonovo creceron en xullo máis dun 25% e un 45% en relación cos dous anos anteriores.
Tal e como indicaron desde o Concello, en xullo deste ano visitaron as oficinas un total de 2.458 persoas, unha cifra superior á rexistrada en 2020 (45% máis) e en 2019 (25% máis).
Con respecto á procedencia dos turistas, o 95% procedían do territorio nacional, concretamente das 17 comunidades autónomas. Encabezada por Madrid, con 598 persoas, Castela León está segunda na lista con 390 visitantes. De Galicia chegaron 262, de País Vasco, 257, de Asturias, 214, e de Castela A Mancha, 138, sendo as orixes máis repetidas entre os visitantes. En canto aos viaxeiros internacionais, as oficinas de Sanxenxo e Portonovo atenderon a persoas procedentes de 18 países diferentes, liderados por Portugal (41) e seguido por Francia (32), Alemaña (16) e Italia (16).
A información solicitada foi na súa maioría achega do municipio e lugares de interese (60,71%) e, en menor medida, de planos, viaxes a illas e roteiros de sendeirismo; mentres que a idade dos turistas que acudiron, a maioría sitúanse entre os 35 e 60 anos (1.054), maiores de 60 (614), menores de 18 (557) e 18 a 35 anos (233).
Finalmente, con respecto ao aloxamento elixido, o 46,02% decidiu aloxarse en hoteis, o 28,4% en apartamentos e o 10 % no medio de transporte (barco, caravana ou furgoneta)