Promoción Económica abre as portas do mercado laboral a 65 persoas
Por Redacción
A concelleira de Promoción Económica e Turismo, Yoya Blanco, presidiu este martes o acto de entrega de diplomas ao alumnado participante nos cursos de Limpeza de Aloxamentos Turísticos (Camareiro de Pisos) e Limpeza Hospitalaria e na segunda edición do de Operador de Carretillas Elevadoras organizados nos últimos meses en colaboración con Ara Formación.
Segundo sinalou a edil socialista, que estivo acompañada polo responsable do centro e coordinador dos cursos, Paco Rial, "este conxunto de accións formativas fixéronse co obxectivo de mellorar as posibilidades de inserción laboral dunhas 65 persoas en eidos cunha elevada demanda".
As perspectivas semellan moi optimistas: sete das persoas que completaron os relativos a limpeza (seis delas mulleres) xa están traballando e Paco Rial asegura que "sen dúbida haberá máis que se incorporen ao mercado laboral, xa que no eido dos aloxamentos teñen traballo tódolos que queiran, moitos non poden desprazarse, se non xa estarían traballando".
Neste mesmo sentido, Yoya Blanco lembrou que "a demanda de formación nestes ámbitos é tan elevada que, tralo éxito do primeiro curso de Operador de Carretillas Elevadoras, a Concellería de Promoción Económica e Ara Formación decidiron poñer en marcha unha nova actividade formativa que tamén cubriu as prazas enseguida".
Relacionadas:
-
Este xoves estarán operativas as 16 novas bancadas adxudicadas no Mercado
Por Redacción |
-
Impulsan un servizo municipal de formación gratuíta en liña para desempregados
Por Redacción |
-
Abren o prazo para inscribirse no curso de limpeza en aloxamentos turísticos
Por Redacción |
-
Abren o prazo para inscribirse ao curso gratuíto de Limpeza Hospitalaria
Por Redacción |