Un desfile na rúa pecha a primeira edición do salón PONMO
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
Un desfile na rúa dará por cerrada este xoves a programación do salón PONMO (Pontevedra Moda) que se celebrou na cidade entre os dias 26 e 28 de setembro. A actividade incluía un desfile na rúa a cargo dos comerciantes do tramo peonil da rúa de Rosalía de Castro, pero tivo que suspenderse por mor da choiva. Retomase esta semana ante as perspectivas de bo tempo.
A cita está prevista para as 19.00 horas no tramo de rúa entre a praza de San José e o paso de peóns da Audiencia. A organización habilitará unha alfombra para o paso dos modelos e incluirá tamén música en directo.
O desfile contará coa participación dos comercios Quomo, Mepiachi, Boss two e Homes. Cada un dos catro establecementos ofrecerá catro estilismos coa roupa da nova temporada. Estarán completados coas gafas de ÿptica Revenga e zapatos de Daniella e estímase que o evento pode ter unha duración próxima a unha hora. Está completamente aberto a todas as persoas que queiran achegarse.
A concelleira de Promoción Económica, Carlota Román, aplaude a iniciativa deste grupo de comerciantes que quixeron sumarse a PONMO e, despois do contratempo meteorolóxico sufrido hai dúas semanas, insistiron en levar a cabo a iniciativa. Os desfiles na rúa, engade a concelleira, son un complemento perfecto para o certame da moda de Pontevedra e demostran a implicación dos comerciantes da cidade.
Contan co apoio da Concellería de Promoción Económica, impulsora de PONMO, o equipo de organización do certame e a Asociación de Pequenos e Medianos Empresarios (Aempe).