En liberdade con cargos o presunto autor do roubo con forza nunha vivenda de Ponte Caldelas
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
A Garda Civil detivo a JA.B.C., de 29 anos de idade e veciño de Sanxenxo, como suposto autor dun roubo con forza nunha vivenda deshabitada de Ponte Caldelas.
O pasado día 7 do actual, foi presentada no Posto da Garda Civil da referida localidade unha denuncia sobre o roubo con forza nunha vivenda tras forzar en primeiro lugar unha porta dun anexo da casa, onde subtraeron diversas ferramentas para despois, tras coller unha escaleira no devandito anexo, forzaron unha ventá para acceder ao interior da vivenda onde do denunciante encontrou un televisor e unha cafeteira tapados cunha manta no interior da bañeira do cuarto de baño, probablemente por non poder abrir a porta de entrada da casa, que ten signos de intentar forzala, e sería o único lugar para poder sacar os devanditos obxectos.
A raíz desta denuncia compoñentes do referido Posto da Garda Civil iniciaron as investigacións que deron como resultado a detención, o martes día 8, do suposto autor dos feitos denunciados.
O detido, que conta con amplos antecedentes policiais, foi posto a disposición do Xulgado de Instrución número un de Pontevedra, decretando a liberdade con cargos.