Ferido leve ao ser atropelado en Fernández Ladreda
Por Redacción
Un home de ao redor de 40 anos de idade resultaba ferido cando cruzaba a rúa Fernández Ladreda á altura do edificio de Facenda ás 18:45 deste martes 30 de outubro. Segundo os primeiros datos, todo parece indicar que o accidente se produciu por un despiste do condutor do turismo. Alertado o 112 á zona desprazouse unha unidade de Urxencias médicas e unha dotación da Policía local.
Segundo a primeira exploración, o ferido sofre danos de carácter leve debido ao impacto co vehículo.