O PP considera "inxustificable" o atraso no traslado do transformador situado no CEIP Barcelos
Por Redacción
Silvia Junco, concelleira do Partido Popular, demanda ao Concello de Pontevedra que execute a retirada do transformador que se atopa instalado no colexio de Barcelos. A responsable da área de Benestar Social dos populares lembra que hai un ano se solicitaba no Pleno a axilización dos trámites para retirar este equipamento eléctrico.
Junco afirma que o goberno local non atende unha petición que tamén manifesta a comunidade educativa. A representante do PP forma parte do Consello Escolar do CEIP Barcelos e afirma que o verán é a época perfecta para levar a cabo esta obra ao atoparse o centro educativo pechado permitindo as obras de traslado sen afectar o alumnado.
A concelleira mostra tamén a súa preocupación ao entender que o goberno local non concede "suficiente importancia a unha obra que se relaciona directamente coa seguridade e benestar do propio alumnado. É inxustificable o atraso que acumula este traslado".
Desde o PP entenden que debería tratarse dun asunto prioritario para o Concello e afirma que o concelleiro de Educación Tino Fernández manifestou o "total descoñecemento de en que punto se atopa o proceso". Junco lamenta a indiferenza do goberno pontevedrés ante un tema que prexudica ao alumnado do centro.
Relacionadas:
-
O Concello cede as novas instalacións a Fenosa para que traslade o transformador do colexio de Barcelos
Por Oskar Viéitez |
-
A retirada do transformador do colexio de Barcelos permitirá dotar ao centro dun itinerario accesible
Por Redacción |
-
Acordo do Concello con Fenosa para trasladar o transformador do colexio de Barcelos
Por Redacción |