O Consello da Xunta autoriza as expropiacións para mellorar a seguridade da PO-308 entre Fontenla e Combarro
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/53f/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/602e973694-image_gallery.jpg)
© Xunta de Galicia
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/74e/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/60c2535aaf-proxecto-xunta.jpg)
© Xunta de Galicia
A mellora da seguridade na PO-308 en Poio no tramo entre Fontenla e Combarro, deu este xoves un importante paso á fronte coa autorización por parte do Consello da Xunta de Galicia das expropiacións necesarias.
En concreto o goberno autonómico aprobou o expediente para as citadas expropiacións que permitirán por unha banda crear unha senda peonil e por outro eliminar un tramo de concentración de accidentes.
En total estas dúas actuacións contan cun orzamento que supera os 1,65 millóns de euros, segundo confirma a Xunta, incluíndo nestas cantidades os pagos compensatorios necesarios para a execución das obras.
No que respecta a a senda peonil, executarase un tramo de case 1,7 quilómetros de extensión pola marxe esquerda, ademais dun pequeno tramo na parte dereita entre a glorieta da VG-4.8 e o acceso ao IES de Poio.
Doutra banda en canto á actuación para mellorar a seguridade viaria, está previsto mellorar as interseccións para diminuír a velocidade neste tramo da PO-308 reducindo o número de xiros á esquerda.
Tras este trámite, a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade ten a previsión de proceder ao levantamento de actas previas e á licitación das obras no segundo semestre deste ano.