O PP pide un plan de humanización integral do barrio da Seca
Por Redacción
A concelleira do Partido Popular de Pontevedra Pepa Pardo defenderá no Pleno municipal deste mes a elaboración dun plan de humanización integral do barrio da Seca.
A edil, entre outras cousas, solicita o arranxo das beirarrúas con baldosas rotas e con pequenas fochas, a roza das beirarrúas e a reposición do mobiliario urbano roto ou en mal estado. Ademais, Pardo esixe un plan de desratización para a zona.
Outro dos puntos que para Pardo ten gran importancia é que o Concello retome o proxecto en relación á cuberta das vías do tren ao seu paso pola Seca, onde estaba ideada unha zona de esparexemento e que na actualidade está pechado. "Pedimos que se urbanice este espacio para que los vecinos puedan sacarle el máximo partido", destacou a popular.
"El barrio de A Seca, ubicado a menos de cinco minutos del centro de Pontevedra, se encuentra en un estado de abandono absoluto por parte del Concello desde hace más una década. A pesar de esa escasa distancia con el centro, cuando uno entra en él, queda patenta la realidad a la que se ha sometido al barrio y a sus vecinos", subliñou a popular. Así, Pardo solicita a limpeza de rúas, o recambio dos contedores rotos, e o incremento do número e reposición de papeleiras.
A maiores, Pardo incidiu na importancia da mellora das canalizacións e o pintado das liñas separadoras das prazas de aparcadoiro público, e fíxoo na última das visitas que fixo a esta zona na que os veciños recalcaron a importancia desta acción.
Pardo especificou que o barrio, con máis de 9.000 metros cadrados de titularidade municipal, non se executou ningún dos prometidos proxectos de creación de zonas de lecer e deportivas, "impidiendo a la ciudadanía su disfrute". Por iso, a concelleira pide a creación de zonas de esparexemento e a colocación de bancos.