Olga Macías, a usuaria máis lonxeva da Residencia de Campolongo, cumpre 101 anos
Por Redacción
A residencia de maiores de Campolongo vive este venres un día de festa. Este 4 de xuño é o aniversario da usuaria máis lonxeva. Olga Macías celebra o seu 101 aniversario.
Con tal ocasión recibiu a visita do director xeral de Atención Integral Sociosanitaria, Antón Acevedo, que aproveitou para conversar coa centenaria á que lle entregou un ramo de flores e convidou a uns churros, un dos seus doces favoritos.
Olga Macías leva 27 anos nesta residencia de Campolongo, desde a súa apertura.
Durante o acto tamén estiveron presentes os seus familiares que celebraron o humor e bo estado de saúde da homenaxeada.