Falece a ex deputada provincial e parlamentaria autonómica socialista Isaura Abelairas
Por Redacción
Isaura Abelairas Rodríguez (Taboadela, 1951) falecía durante a madrugada deste xoves 3 de xuño despois de catro anos loitando contra un cancro. A política socialista levaba desde 1999 ligada á política en Vigo e durante o anterior mandato foi a deputada responsable da área de Igualdade na Deputación de Pontevedra. En breve ía cumprir 70 anos.
Era mestra de profesión e sempre estivo unida ao proxecto político de Abel Caballero en Vigo ocupando os cargos como concelleira de Limpeza e Festas; de Servizos Exteriores e Vías e Obras; ademais de Cultura durante dous mandatos.
No ano 2020 pasara a formar parte das listas do PSdeG-PSOE nas eleccións autonómicas ao Parlamento de Galicia, acompañando a Gonzalo Caballero, no grupo parlamentario socialista.
Era unha muller moi coñecida e, nas últimas horas, numerosas personalidades principalmente do mundo da política manifestaron a súa pesar por esta perda. Entre elas atópase a de Carmela Silva, presidenta da Deputación de Pontevedra, que expresou a súa tristura a través das redes sociais e sinalou que se trata dun "golpe duro".
O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, tamén amosou o seu pesar polo ocorrido e recoñeceu a figura da deputada viguesa. "Deixounos unha gran amiga e compañeira, a miña querida Isaura, sempre socialista e feminista, optimista e loitadora ata o último momento", asegurou o líder socialista.
Síntome moi triste. O falecemento de Isaura Abelairas é un golpe duro para min. Ata sempre compañeira! pic.twitter.com/vuLWrv7ell
— Carmela Silva (@carmelasilva) June 3, 2021
Feminista, loitadora, cunha longa traxectoria traballando polos dereitos das mulleres. Será sempre súa a honra de ser a primeira deputada de igualdade da @depo_es
— Deputación Pontevedra (@depo_es) June 3, 2021
Nunca te esqueceremos, Isaura. Grazas por tanto. O noso dó e o noso cariño á súa familia e amizades. pic.twitter.com/G3NK6Vq47t
Referente no seu compromiso socialista, foi sempre unha gran loitadora pola inclusión social, pola igualdade e pola educación pública
— PSdeG (@PSdeG) June 3, 2021
Sempre na nosa lembranza, compañeira Isaura!https://t.co/C3tjs14Yef
Sentidas condolencias á familia, amizades e compañeiras/os socialistas. Tiven ocasión de coñecela no Parlamento e descubrín unha muller dialogante e intelixente. Que a terra lle sexa leve.
— Ana Pontón (@anaponton) June 3, 2021
Muere Isaura Abelairas, la diputada y exconcejala de Vigo https://t.co/cdLB8xObma
Lamento mucho el fallecimiento de Isaura Abelairas, luchadora y valiente hasta el final. La ciudad pierde una magnífica política y una gran persona. Descanse en paz. https://t.co/9Z30cyQmy2
— Marnotes (@MarnotesVigo) June 3, 2021
A DEPUTACIÓN ORGANIZARÁ UN HOMENAXE
Desde a Deputación confirmaron que organizarán un acto de recoñecemento e homenaxe a Isaura Abelairas, "unha feminista desde sempre, cun constante activismo e compromiso na loita pola defensa dos dereitos das mulleres e cunha longa traxectoria no municipalismo".
Cun "ata sempre compañeira", Carmela Silva, que trasladou as condolencias de toda a corporación provincial, despediuse da súa "inigualable" compañeira que, segundo engadiu, "merece todo o noso recoñecemento".