Encontro de profesorado das quince escolas asociadas da Unesco no Pazo da Cultura o Día do Medio Ambiente
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/8d6/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/60b62d97e0-img-20210505-wa0015.jpeg)
© Concello de Pontevedra
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/101/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/60b62dd369-img-20210506-wa0025.jpeg)
© Concello de Pontevedra
Este sábado 5 de xuño celébrase o Día do Medio Ambiente e o profesorado dos 15 centros educativos de Galicia que pertencen á rede de Escolas Asociadas da Unesco (Rede PEA) manterán un encontro no Pazo da Cultura coa idea de compartir experiencias educativas e programar novos proxectos nos ámbitos da Educación para o Desenvolvemento Sustentable e a Educación para a Cidadanía Mundial.
Nesta ocasión, o Día Mundial do Medio Ambiente dedícase á Restauración dos Ecosistemas. Tino Fernández, concelleiro de Educación, destaca que esta rede da Unesco conta con máis de 11.500 centros educativos en 182 países, deles oito son pontevedreses e manteñen o seu compromiso de integrar as súas programacións á Educación para o Desenvolvemento Sustentable. a través do alumnado e profesorado.
Susi Enguídanos, coordinadora de Escolas Asociadas da Unesco, afirma que durante uns días, os escolares plantarán árbores, limparán a súa contorna ou cultivarán nunha horta ao mesmo tempo que se traballa para que sexan conscientes da importancia dunha boa alimentación para a saúde e aprender o que supón un consumo responsable.
Estas propostas forman parte da Axenda 2030 e este alumnado participa en programas ambientais do Concello de Pontevedra e outros proxectos como Residuos Cero, merendas saudables ou Trash Hack, que organiza a Unesco.
Os centros pontevedreses que se atopan neste proxecto son o CEIP Manuel Vidal Portela, Cabanas (Salcedo) e Plurilingüe San Benito de Lérez; CEP Campolongo e Marcos da Portela; IES Luis Seoane; Conservatorio de Música Manuel Quiroga e Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte; aos que se engaden o CEIP Isidora Riestra de Poio e o CPI O Toural de Vilaboa, na contorna máis próxima das Rías Baixas.
Entre as propostas atópase o Proxecto Desplastifícate que se desenvolve coas mascotas Plastiquín e Plastiquina, que promoven a preservación do medio ambiente con accións que axudan a reducir a utilización de plásticos. Estas mascotas agora atópase realizando unha xira polas Escolas Cubanas Asociadas da Unesco, as Escolas Asturianas e as Escolas Andaluzas.