O Concello pon a mirada na praia de Ponte Sampaio: instala baños e estuda contratar socorristas
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/015/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/60b387d75e-whatsapp-image-2021-05-30-at-14.09.35-2.jpeg)
© Pontevedraviva
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/113/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/60b38903e3-playa-ponte-sampaio.jpg)
© Pontevedraviva
O Concello de Pontevedra puxo o foco na praia fluvial de Ponte Sampaio, da que sinalan que é "un dos espazos máis concorridos do Concello", e acaban de mellorar o servizo que ofrece á cidadanía coa instalación de casetas de baño con vestiarios. Ademais, estudan dotar o areal dun servizo que ata agora non tiña: socorristas contratados pola Administración local.
Ata agora, cada ano, o servizo de socorrismo corría a cargo de Cruz Vermella, que enviaba socorristas a este areal durante as fins de semana e festivos. Este ano, o Concello anuncia que analiza "a contratación de socorristas para a velar pola seguridade do areal durante o verán".
Ademais, analiza se é preciso achegar area, decisión que se adoptará nos vindeiros días, segundo informa o Concello a través dun comunicado.
O Concello de Pontevedra comezou nos últimos días o acondicionamento dos areais do ámbito rural de Pontevedra para que estean listos na época estival e unha das medidas xa realizadas foi, precisamente, en Ponte Sampaio, coa instalación dos citados baños.
As dúas casetas de baño con vestiarios abrirán o vindeiro martes 1 de xuño e estarán ao servizo de todos os usuarios da praia fluvial do Verdugo ata finais do mes de setembro.
Estes baños estarán atendidos por unha empresa que fará limpeza diaria neles e recollerá o lixo das papeleiras do espazo de lecer da Xunqueira.
Paralelamente, tamén traballa no acondicionamento do areal de Lourizán (a praia da Posta). Estase a contratar a achega de area e tamén a limpeza integral á que se somete este areal na véspera do verán para que poida usarse en óptimas condicións.