Un lugar en Galicia chamado Cuntis: un vídeo para promocionar a vila termal

Por Redacción
"Hai un lugar en Galicia onde as árbores debuxan sendeiros, agochadas vías e o musgo sorrí ao seu paso por onde camiñas". Así abre un vídeo co que, nun só minuto, Cuntis se promociona para o turismo e atrapar aos visitantes.
O vídeo destaca que Cuntis é un lugar máxico, cheo de lendas que só se poden descubrir en persoa; menciona a súa riqueza arqueolóxica e as súas características como vila termal; e convida á poboación a desprazarse ata o municipio pontevedrés.
"Vente a Cuntis e que non cho conten", piden a través deste vídeo promocional impulsado polo Concello de Cuntis e que se presenta como "Cuntis, un baño de historia, un baño de vida".