Feijóo ve "sorprendente" a situación "impropia" na que estaba a casa do alcalde
Por Alejandro Espiño
O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, asegurou este mércores que "como a calquera cidadán" resúltalle algo "sorprendente" que durante 25 anos a casa do alcalde de Pontevedra estivese nunha situación "impropia".
Así o afirmou, a preguntas dos xornalistas, na rolda de prensa celebrada tras o Consello da Xunta, na que apuntou que este feito é aínda máis destacado ao ser Fernández Lores o "máximo responsable" do urbanismo no municipio.
"Non quixera escoitar eu o que pediría o partido do alcalde de Pontevedra se estivéramos falando dun alcalde do PP", sinalou o presidente galego.
Tras iso, Núñez Feijóo tirou de ironía para engadir que "alégrome moito" de que a situación administrativa desta vivenda, "na que vive o meu amigo, o alcalde de Pontevedra" se teña regularizado "despois dun cuarto de século".
Relacionadas:
-
Rafa Domínguez esixe a dimisión de Lores por "mentir descaradamente" sobre a súa casa
Por Alejandro Espiño |
-
O PP dá por resolto o tema da casa do alcalde: "Lo grave ha sido mentir"
Por Alejandro Espiño |
-
Lores, sobre as licenzas da súa casa: "Non hai ilegalidade nin irregularidade algunha"
Por Alejandro Espiño |
-
Pontevedra ten 575 vivendas como a do alcalde, sen licenza de primeira ocupación
Por Alejandro Espiño |
-
Tormenta política pola casa do alcalde, sen licenza de primeira ocupación durante dúas décadas
Por Alejandro Espiño |