O PP dá por resolto o tema da casa do alcalde: "Lo grave ha sido mentir"
Por Alejandro Espiño
"Hasta aquí". Así concluíu a rolda de prensa que, polas últimas informacións relacionadas coa casa do alcalde de Pontevedra, ofreceu este xoves o portavoz do PP, Rafa Domínguez, que optou por dar carpetazo a esta polémica.
Os populares non acudirán á xustiza en busca dun reproche penal ou administrativo para o alcalde nin tampouco pedirán a dimisión de Miguel Anxo Fernández Lores. Iso si, tampouco dan por boas as explicacións do rexedor e de membros do seu goberno municipal.
Domínguez sinalou que "me creo" que o alcalde solicitou a licenza de primeira ocupación para a súa vivenda "cuando se dio cuenta que no la tenía", pero asegurou que o "problema" non é a ausencia da autorización "sino mentir".
"Un error se acepta. Es algo natural. Pero la mentira no", reiterou o líder popular, que censurou que o BNG ofrecese "múltiples versiones" para xustificar algo que, ao seu xuízo, está claro: o alcalde debería solicitar a licenza no seu día e non o fixo.
Foi unha actuación "irregular, ilegal o como lo quieran llamar", engadiu, que se resolveu 22 anos despois cando pediu a licenza para poder facer unha serie de obras na súa casa.
Tras insistir en que os técnicos municipais foron "transparentes" en todo este proceso e que o alcalde "lo trataron como cualquier persona", Domínguez indicou que a única irregularidade cometida foi non pedir a licenza de primeira ocupación.
"La casa ahora es absolutamente legal", subliñou o líder popular, que tamén acreditou que "tenía licencia para hacer la casa", que as obras se axustaron ao permiso solicitado ou que "no utilizó" aos técnicos e que o seu caso "fue estudiado igual que otros".
Ademais, quixo aclarar que, a pesar do que el mesmo afirmou hai uns días, a licenza de primeira ocupación solicitada agora polo alcalde "no tardó menos tiempo que otras", senón que seguiu o "mismo procedimiento" que o resto e demorouse o tempo habitual.
Este asunto, aseverou Rafa Domínguez, é "desagradable" e entende que "haya indignado" a moitos cidadáns "que tienen problemas de urbanismo".
Todo iso achacouno á "necesidad" de que o Concello "abra puertas y ventanas" para que "transpire" despois de "tanto tiempo" de goberno do BNG.