Trasladado ao Hospital do Salnés tras ser atropelado polo seu tractor en Ribadumia
Por Redacción
Un veciño de Ribadumia tivo que ser evacuado ao Hospital do Salnés despois de ser atropelado polo seu propio tractor no lugar de Bouza.
O suceso tivo lugar minutos despois das 12:00 horas deste martes, cando o condutor do tractor, un home de mediana idade, perdeu o control e chocou contra un muro, momento no que, segundo relata Protección Civil de Ribadumia, tería caído ao chan pasando o vehículo por enriba da súa perna.
Ao lugar dos feitos desprazáronse efectivos da Garda Civil de Tráfico, Protección Civil e 061, decidindo estes últimos trasladar o ferido ao citado centro hospitalario.