Paloma Castro censura a negativa da Xunta a resolver a siniestralidade na PO-313 entre Marín e Moaña
Por Redacción
O Grupo parlamentario socialista lamenta que non se aprobou a iniciativa que presentaba para instar á Xunta de Galicia ao arranxo do problema de sinistralidade que presenta a estrada PO-313 entre Marín e Moaña.
Esta iniciativa debatíase na Comisión de Obras Públicas do Parlamento este xoves a través da deputada pontevedresa Paloma Castro. O Partido Popular rexeitou a proposta. Unha decisión que é censurada polo PSOE ao comprobar que este punto se sitúa na "clasificación maldita" dos 100 tramos de estradas máis perigosos de España, segundo un informe deste ano da Dirección Xeral de Tráfico.
Paloma Castro afirma que o goberno da Xunta incumpre a lei sobre o tráfico xa que a lexislación atribúe á administración titular da vía o deber de mantela nas mellores condicións de seguridade para a circulación.
Segundo a representante socialista, esta estrada ten curvas máis pechadas que o circuíto de Silverstone e denuncia que o firme da vía leva 23 anos sen arranxarse. O tramo máis problemático coincide nunha zona moi sombría, polo que os días de choiva prodúcense balsas de auga mentres que con xeadas, as rodas dos vehículos patinan, segundo manifesta Castro.