Axentes e vehículos para ensinar ao alumnado de Vilagarcía o traballo da Policía Nacional
Por Redacción
Axentes e vehículos da Policía Nacional invadiron este mércores as instalacións da escola infantil Aralde Sobrán de Vilagarcía de Arousa. Non era unha intervención policial por ningunha emerxencia ou delito, senón unha forma de darse a coñecer entre o alumnado do centro.
A imaxe viviuse nesta escola infantil arousá como parte da actividade dos delegados de Participación Cidadá da Comisaría do Corpo Nacional de Policía de Vilagarcía. Ademais de realizar unha exhibición con vehículos policiais e axentes, impartiron unha charla.
Na actividade, os axentes trasladáronlle ao alumnado o seu traballo dunha forma próxima e trataron de fomentar a súa confianza na Policía Nacional.